Comunicado contra o intrusismo
É, sen dúbida, o fenómeno do INTRUSISMO, unha práctica ilegal, desleal e perniciosa que prexudica por igual, aos D.Privados que realizaron un grande esforzo persoal, formativo e económico durante tres cursos lectivos universitarios para a obtención do necesario Diploma, ao mercado, someténdoo a alteracións artificiais e fraudulentas, á Facenda Pública, en tanto que, dificilmente pode regularizarse unha fiscalidade con orixe nunha actividade profesional non declarada, aos clientes que, na súa maioría, non atopan o apoio da comparecencia testemuñal ou pericial, chegado o caso, no intre da defensa legal do informe durante o xuízo oral, aos D.Privados en exercicio por competir dende unha situación ilegal e vantaxosa que, entre outras moitas consecuencias, penaliza a imaxe corporativa ou colectiva, ás Unidades Policiais responsables do control sectorial, pois, non sendo os intrusos persoal habilitado, non están suxeitos á Lei e Regulamento pertinente e, de contado, fóra de supervisión e inspección de estas e, o máis importante, aos propios cidadáns obxecto das súas ilícitas investigacións, de tal xeito que resulta evidente que, sen control legal, prodúcense situacións de indefensión e vulneración de dereitos e liberdades persoais.
|